Left 4 Dead

Por: Mércores, 6 de Maio de 2009

Estreo este apartado no cal incluirei e falarei dos xogos máis malos que podemos atopar, para intentar desta maneira, conseguir que algún xogador evite caer na tentación de mercalos e levarse así unha desagradábel sorpresa.
Comezarei a falar dunha das maiores decepcións desta semana, vou a falar de Left 4 Dead.
Xa sei que me vou buscar algún inimigo pola incomprensíbel aceptación que ten este título nos xogadores, pero a realidade vai por diante.
Despóis de ler un análise completo da ex-revista xtreme ( na cal tiña bastante confianza pola súa hipocrisía obxetiva) sobre este xogo, anotei o título na miña mente para xogalo nun futuro. Estes días consigo dito xogo e o primeiro que fago é chamar a meu irmán para disfrutar do que me venderan como un dos cooperativos máis divertidos que se pode atopar.
Prendemos a consola, introducimos o Left 4 Dead e despois de ver unha introducción regular dispoñémonos a xogar. No mesmo intre, dámonos de conta que o xogo ten uns gráficos propios da PS2, con texturas totalmente lisas, escenarios baleiros e lineais, e formas como o lume nada conseguidas. Con todo isto penso que un bo xogo está caracterizado pola diversión que é capaz de transmitir e non polos seus gráficos asique, deixo este problema nun lado e sigo analizando.
Cando levamos un tempo xogando, xa temos unha idea bastante clara do que nos imos atopar ao longo de todo o xogo. Non haberá argumento ( máis co que vimos na introducción), de feito non haberá nin misións, o único que temos que facer é desprazarnos dun punto A a un punto B, disparando ás decenas de zombies que nos saen ao paso. Cando cheguemos ao punto B atoparemos munición e vida para comezar de novo, e tentar chegar ao seguinte punto. Este é un dos mellores cooperativos?, e onde está a variedade de situacións?,porque o único que fixemos é disparar continuamente por escenarios totalmente lineais, non hai máis.
Pero por se isto fose pouco, Left 4 Dead carece de monstros finais, só atopamos inimigos máis fortes que outros, feito que lle resta a pouca emoción que puidese ter.
Con todo isto quero recordar que esotuno probando en cooperativo, non me quero nin imaxinar en como sería xogando eu só.
Dame igual o que diga a xente, estanme vendendo un xogo que non me chamaría a atención nin fai seis anos, están vendendo gato por lebre, coma tantos outros.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

7 Comentarios a “Left 4 Dead”

  1. Marcus di:

    Pois hai moita xente viciando co xogo. O cooperativo a 4 está moi ben polo feito de que hai que colaborar para sobrevivir, e conta co detalle de que cada partida é distinta, axustándose a dificultade ás nosas habilidades (para non masacrar aos novatos). A min pareceume un xogo moi divertido.
    Xogando en individual o xogo está bastante ben, pero é moi curto. Pero en rede é posible tirarse horas e horas sen percibir un patrón que nos faga adiviñar o momento e o número de inimigos que imos ter que aniquilar.
    Será cuestión de gustos, pero para min foi un dos mellores xogos do outono pasado.

  2. skaltum di:

    Eu chámolle cooperar á variedade de situacións que temos que resolver entre todos os que estemos xogando, e de feito, unha das poucas cousas na que se coopera en Left 4 Dead, é cando un dos membros do grupo queda atrapado por algún zombie e nós temos que ir axudarlle. O resto só se basa en disparar todos contra os homes viventes. Pareceume un dos xogos máis repetitivos ata o momento.
    O mellor eu esperaba unha cousa moi diferente, polo que a miña enorme frustración foi aínda maior.

  3. IaRRoVaWo di:

    Ola!

    Non sei como xogas pero os gráficos ao máximo nun PC son inmellorábeis, en serio. Se dis que son gráficos parecidos a unha PS2 é que debes estar xogando cos gráficos ao mínimo de todo. Pero sí, os gráficos non son o importante.

    Tes razón en que é lineal e practicamente non ten historia pero é divertido. Eu levo horas e horas viciadas a este xogo :).

    É un shoot’em’up dos que tes que ir con coidado… non podes ir ao chou por ahí (a non ser que xogues no modo máis facil), tes que ir paso por paso, comprobando todo, e matando todo. Hai que ter moito coidado cos Hunter, Boomers, Smokers, etc… non son simplemente “zombies máis fortes”. E non hai mounstro final peor si que hai oleadas de zombies ao final de cada fase que non é que sexa precisamente facil pasar.

    Probar a subir a dificultade e xogar con 4 persoas, verás como é un bo xogo.

    Probaches a xogar no bando dos zombies? A min non me gusta tanto coma o bando dos humanos pero é distinto… 🙂

  4. skaltum di:

    Eu xogueino na 360 e od gráficos deixa bastante que desexar…
    Por certo non xogo no modo más fácil, normalmente comezo no normal e á volta subo a un nivel maior, aínda que penso que non vai haber volta neste xogo…
    Tampouco dixen nunca que fose un xogo doado, pero sí repetitivo sen ningún aliciente mellor que o de disparar a aloedas de zombies.
    Se houbese un cooperativo de verdade, como fases na que se divedisen todos, escenas no que dous deben cubrir ao resto, incluso poderían incluír algunha fase en vehículos,… se houbese todo isto estariamos ante un bo xogo.
    Pero saber que cando remates con esta oleada, vaiche vir outra igual…
    Non me parece un desenrolo do máis entretido

  5. Marcus di:

    ¿”Escenas nas que 2 deben cubrir ao resto”? Non sei cómo xogaches, pero o normal é ter que estar sempre cubrindo ao resto, para librar aos compañeiros de agarres. E tamén é moi normal seguir estratexias de grupo, agocharse das Witch (e ter tino coas lanternas) e cousas polo estilo.

    A min os gráficos para Xbox 360 non me pareceron malos (moi superiores aos dun xogo de PS2, aínda que lonxe doutros FPS), e se habería que dicir algo en contra desta versión sería que a de PC sae moito máis barata (a pasada fin de semana puido mercarse cun 40% de desconto).
    Está claro que non é un Resident Evil 5, pero ten modos on-line moito máis divertidos.

  6. skaltum di:

    O de que dous cubrisen ao resto, referíame por exemplo, dous enriba dun edificio cubrindo con francotiradores aos outros dous para conseguir un determinado obxetivo, isto só é un exemplo pero podería haber máis variedade.
    Debería haber algún obxetivo para motivarte a seguir esganando zombies, porque a simple teoría de matar e matar ata chegar a un punto, recargar e volver a matar ata chegar a outro punto, non me parece aliciente suficiente.
    Ademáis tendo en conta que moitas veces dispararemos ao tolo sen mirar nen sequera para onde, por exemplo cando o zombie gordo nos vomita, cando nos pilla oleadas de zombies por sorpresa…
    Non sei,non me acaba de agradar.

  7. […] falei unha vez de Left 4 Dead, e aínda que causou diversidade de opinións, desta volta veño amosarvos outro tema diferente. […]

Deixar un comentario