Dead Space

Por: Mércores, 6 de Maio de 2009

Os que xogaron ao Doom 3 saberán o agobiante que te pode facer sentir unhas instalacións perdidas no espazo. Pois á espera de novas sobre o Doom 4, podemos calmar as nosas ansias xogando a esta pequena xoia titulada Dead Space.

A nosa misión consistirá na reparación da ISG Ishimura, pero todos os nosos plans quedarán frustrados ao percatarnos que unha raza extratarrestre ocupou dita nave, asique a partir de aquí, convertirase nunha misión de supervivencia.

Poderemos escoller entre varias armas que desbloquearemos á medida que avancemos na aventura, pero non abondará con dispararlle na cabeza (como ocorre na maioría das veces), xa que desta vez teremos que mutilar aos necromorfos (así se chaman os extraterrestres), para relantizar o seu ataque e ao mesmo tempo acabar con eles.

O xogo desenrolarase case por completo en interiores, pero lonxe de reiterarse, Dead Space prodúcenos unha tensión agobiante e incluso asfixiante que non nos deixa tempo para o aburrimento.

Para crearnos esta sensación, recorren a unha ambientación impresionante, cun apartado sonoro formidábel(non vos deixará estar tranquilo en toda a aventura) xunto a unha serie de elementos ( impredecíbeis) que te manterán pegado á silla e prestando toda atención, cristáis que se rompen ao teu paso, sombras que vés na esquina do corredor, inimigos que saen do lugar menos esperado, luces que se apagan no medio dunha habitación, etc.

Cabe mencionar o apartado gráfico, o cal plasma con toda a crudeza as execucións que facemos aos inimigos, eso sí, non recomendábel para xente cun estómago sensíbel, xa que o nivel de gore é moi elevado, asique será habitual atoparnos con membros desperdigados, incluso cando determinados inimigos nos agarran, antes de volver ao xogo móstrasenos con todo detalle a insufríbel morte que está a sufrir o protagonista, e algunhas son verdadeiramente duras.

Ademáis a variedade de inimigos tamén está moi ben compensada, dende diminutos seres que te ataquen en conxunto ata necromorfos do tamaño dun edificio que terás que facerlle fronte das formas máis diversas.

Outra das grandes virtudes do xogo é o seu nivel de dificultade, xa que non estamos ante un xogo para pasar dunha tandada. Os inimigos son moi resistentes (ademáis que para matalos máis rápido temos que dispararlle ás extremidades, detlle que complica o asunto), moitas veces atacan en grupo e rodéannos e para rematar, as balas escasean bastante, polo que deberemos racionar a munición ( non vale con dispara ao tolo). Para máis gratitude, atopamos zonas nas que temos que resolver algún tipo de puzle que aumenta a variedade de situacións, así como momentos nos que teremos que pensar como avanzar.

Vale , o mellor o argumento non é do máis orixinal que podemos atopar, pero a medida que avancemos na trama seremos testigos de diferentes “sorpresas”, ademáis dun final…curioso.

Creo que todos deberían gastar dez horas da súa vida xogando ao Dead Space, de feito é o apartado máis frouxo do disco, xa que se fai bastante curto.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario