
Xa fai máis dun ano que se viña falando deste feito, pero tiña a mínima posibilidade de que só fose un rumor, que se tratase dunha simple estratexia de márketing para o videoxogo ( cousa que tampouco aprobo), pero todas as miñas insignificantes esperanzas quedaron truncadas.
Chris Morgan, guionista do proxecto comentou nuha entrevista:
“Creouse un borrador e estivemos falando sobre el e presupostándoo. Ten moi boa pinta”
Como todos, unha das maiores preocupacións é determinar o coste da película:
“Unha das cousas das que falamos é do presuposto da película e de como de grande e espectacular será. O meu argumento é que, de acordo ao material existente, o xogo e os escenarios, dado o feito de que hai que representar un mundo que foi tomado polos Locust, é que ten que ser grande”
Non ten que ser grande, ten que ser inmenso se queren chegar á calidade do xogo, ten que ser unha película dura, intentando achegala á realidade o máximo posíbel, ten que ser sanguinaria, ten que ter acción espectacular constante e o mesmo tempo un argumento que incluso nos faga soltar algunha bágoa ( xóguese Gears of War 2), ten que ser algo… que non conseguirán facer.