Desta volta vou falar dun monstro final pertencente a un xogo bastante recente, refírome ao último Prince of Persia, e dito inimigo é:

Preguntarédesvos, o por qué deste monstro no apartado dos mellores inimigos dos videoxogos?, pois moi doado, a orixinalidade é algo que valoro moitísimo ( cousa que se atopa cada vez menos ), e neste caso, o monstro consegue sorprendernos, xa que non estamos ante o típico “Final Boss” de turno que teremos que atoparlle o punto feble, para así, a base de golpes, rematar coa súa vida.
En Prince of Persia fixeron algo diferente, para un xogo máxico necesitaban un mostro final que se posicionase á altura do desenrolo do videoxogo. Así, cando cheguemos a este ser, a cámara cambiará e colocarase nunha primeira persoa de Ahriman, así, nós veremos xustamente o que vexa este monstro, que xustamente tratarse de nós.
Non vou contar o que hai que facer polos que aínda non tivestes a sorte de xogalo.,pero os que disfrutastes deste xogo, ben saberedes que a dificultade deste inimigo é ausente, pero como dixen anteriormente, ponse á altura do resto do xogo e todos sabemos que este Prince of Persia é moi doado de pasar.
Outra das cousas que me motivou a poñer este inimigo neste apartado é xustamente o que acontece despois, xa que unha vez que rematemos con Ahriman, presenciaremos un dos mellores finais que vín nun videoxogo, e digo coa boca ben aberta e sen arrepentimento ningún. Acostumados os meus ollos a ver finais predecíbeis dende un inicio, é de agradecer atoparse con algo inesperado, algo que me mantivo os últimos minutos de xogo con atención máxima cara a pantalla…
Espero que se cumpra un dos logros que salta ( na 360) cando rematas o xogo, o logro chámase “continuará”, asique teño a esperanza de volver enfrontarme a Ahriman, rei da escuridade, para que me introduzan nun mundo máxico no que a luz loitará contra a escuridade, eterna batalla que segue en auxe, eterna batalla que dá paso a xogos verdadeiramente entrañábeis coma este.