LAG na vida real

Por: Martes, 5 de Maio de 2009

Acabo de ver este vídeo e decidín compartilo con vós, no cal uns personaxes nos amosan como sería a nosa vida cotiá, pero cuns milisegundos de retraso.
Atopar este problema en videoxogos é verdadeiramente incómodo e frustrante, pero na vida real sería algo insoportábel.
Imaxinádevos por un momento como sería un “ligue con tía impresionante” con este problema, e non quero deixar botar a imaxinación e pensar nestes dous na súa “intimidade”, sufrindo este retraso…merda, xa o imaxinei.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “LAG na vida real”

  1. Mixigodo di:

    Imaxinábame outro tipo de vídeo, xa que está moi esaxerado, pero si que é moi fodido e desesperante xogar con lag…

  2. skaltum di:

    Parece mentira que coa enorme capacidade que teñen as consolas hoxe en día, e que aínda non den solucionado este tipo de erros.
    Lag, Bugs,Glitches… e outros termos semellantes están á orde do día, non se debería permitir.

Deixar un comentaio a skaltum