Cómo se nota que está á beira da porta o E3, xa que é moi raro que non apareza unha nova interesante cada día. Desta vez tócalle o turno á Konami, e a fonte de información non é outra que a web de Norihiko Hibino ( autor de bandas sonoras de xogos coma MGS 3 e 4), na cal inclúe na súa lista de traballos para o 2009, un título que se lanzará en exclusiva para a plataforma Xbox 360.
O peor de todo este tinglado, é que só aparece Xapón como territorio de lanzamento. Quererán desta forma aumentar a popularidade de Microsoft no país nipón?.
Non sei, pero espero que se aclare pronto, e que se se trata dun título dun calidade decente, teñan a sensatez de lanzalo mundialmente.