Dead Space vende 1.4 millóns de unidades

Por: Martes, 5 de Maio de 2009

Glen Schofield, director de EA Redwood Shores, ofreceu unha entrevista a Gamespot, na cal ademáis de revelarnos o novo nome do seu estudio,”Visceral Games”, tamén nos deu a coñecer a cantidade de unidades vendidas de Dead Space, nada menos que 1.4 millóns de unidades.

Aínda que despois das xeniais críticas que acadou, a súa popularidade entre os xogadores e a característica de ser multiplataforma, deixan a esta cifra por debaixo do esperado.
Pero Glen, non tivo ningún reparo en recoñecelo e aínda que asegurou que lle gustaría que se houbese vendido máis ( normal), tamén deixou patente que Dead Space foi un dos títulos máis fortes do pasado ano, e que grazas as críticas e premios recibidos, convertíu a este xogo en algo máis grande que a suás propias ventas.
Parece ser que son unha das poucas persoa que aínda non catou este xogo, de feito nestes momentos atópome xogando a el, e polo de agora non me defraudou en absoluto. Nun futuro próximo teredes o análise completo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario