Estamos cansos de ver sobrevaloracións de videoxogos día a día e temos claros exemplos como o Mirrors Edge ou o propio Killzone 2, pero existe unha minoría, que por motivos que non comprendo, pasan totalmente inadvertidos para os xogadores, xogos que pasan ao limbo dos videoxogos olvidados.

Vou poñer tres claros exemplos do que lle pode pasar ( e non debería) a xogos dunha calidade moi boa, que non son aceptados polos xogadores, ben polo propio descoñecemento do videoxogo ou pola insaturada publicidade que recibiron ( totalmente contrario o que acontece hoxe en día).

Comezarei a falar de:
Rygar:


Unha das gratas sorpresas que nos deu Tecmo por aquel 2003. Tras 17 anos de ausencia, Rygar-The Legend Adventure, para PS2 é un xogo completamente novo.Mantendo ao noso guerreiro gladiador, a súa clásica arma “yo-yo” e ese inconfundíbel transfondo mitolóxico, pasouse dun esquema arcade 100% no que había que aniquilar a todo becho vivinte, a un action-aventure en toda regra, na cal se pode dicir que prima máis a axploración de vastos paraxes, resolución de sinxelos puzles, unido a algunhas doses de plataformeo intensivo, que os enfrentamentos corpo a corpo contra pequenos grupos de inimigos que nos sairán ao paso… eso sí, tendo o seus momentos de épica máis arcadiana nos combates contra os descomunais Final Bosses de cada nivel.Todo isto, é xustamente Rygar de PS2. A súa boa xogabilidade e o seu atractivo apartado gráfico convertírono nun adictivo xogo que tan bo sabor de boca nos deixou a todos… os que o probamos.

Ghosthunter:

Ghostgunter basease no estilo cinemetográfico das películas americanas de suspense e acción, donde un heroe, normalmente estereotipado, enfróntase á ameaza espectral de turno e finalmente consegue derrotalo. Deixando de lado as semellanzas que se detectan no nome, o título ten lampexos que recordan aos cazafantasmas, como o estilo de armas de plasma e trampa para encerrar ao fantasma e incluso Vigo, o mostro final da película que ten o mesmo estilo medieval que no xogo. Sin dúbida, a calidade gráfica, a variedade de situacións ( incluso con momentos de sigilo), a cantidade de inimigos cunha intelixencia artificial moi lograda, a captura de fantasmas co noso disco… fai deste xogo unha pequena xoia que tamén pasou desapercibido a pesar de ser un dos títulos máis divertidos desta plataforma.

Primal:

Personalmente, a este xogo téñolle un particular aprezo, a aventura creada por Cambridge Studios, engatusoume de principio a fín. Primal é un xogo de aventura-acciónque nos pon na pel dunha rapaza chamada Yen, cuxos misteriosos tatuaxes resultan ser estigmas da súa condición de “elixida” para salvar o mundo demoníaco alternatico/paralelo. A historia encárgase de narrarnos con excelentes secuencias cinemáticas e unha doblaxe de fábula cómo Yen está convaleciente nun hospital tras o ataque dun abominábel monstro que secuestrou ao seu noivo, e deixouna ás portas da morte, e , Scree, unha especie de gárgola que nos acompañará durante toda a aventura, sácaa dos séu corpo para que cumpra o séu destino, transportándoa a un mundo demoníaco onde terá que desfacer os problemas de varias especies, ademáis de descubrir máis sobre ela mesma e a súa metade diabólica. Noutras verbas, sacar ao demo que leva dentro. Ademáis, a medida que avanzamos na aventura, a protagonista vai adquirindo poderes, coa posibilidade de cambialos ao noso gusto, e tendo en conta que cada capítulo é unha historia independiente que coincidirán nun punto concreto, este xogo engancha ata o final.Para mín un dos mellores xogos da Play2.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

3 Comentarios a “Xogos que pasaron inadvertidos, e non deberían”

  1. Marcus di:

    ¿Primal pasou inadvertido? Eu lembro ver un anuncio televiso do xogo, e ler críticas moi boas. ¿Será simplemente que fracasou en vendas?
    Curiosamente, a súa web segue operativa: http://www.primalgame.com/mortalis/mortalis_intro_es.html

  2. skaltum di:

    Recordo perfectamente a publicidade da televisión,pero por algún motivo non lle gorentou aos xogadores, e como ben dixeches, ese fracaso nas ventas,castigou a este xogo perdéndoo no memoria da xente.
    Aínda así se fracas en ventas, é porque non se compra, e se non se compra é porque pasa inadvertido.

  3. Marcus di:

    As vendas de videoxogos son todo un misterio: Little Big Planet recibe críticas boísimas e logo non o merca ninguén e, pola contra, o PES 2009 é un truño e en España arrasa (no resto do mundo funcionou mellor o FIFA 09). Ao final van ter razón os de Nintendo ao sacar chorradas que venden ben, en vez de títulos para os xogadores hardcore.

Deixar un comentario