Todos coñecemos a primeiro Lost Planet, un xogo notábel que chegou á Xbox 360 sen alardear moito e conseguíu adentrarse na consola de millóns de xogadores.
Aínda teremos que esperar un pouco para a chegada da segunda entrega, pero parece que a neve xa non vai ser predominante, e deixará paso a escenarios selváticos. Por suposto non faltarán os enormes mostros nin a opción de introducirnos en robots para facerlle fronte aos nosos inimigos.
Esperemos que a medida que avancemos na trama, o desenrolo non se volva algo caótico, detalle que lle acontecía ao primeiro, aínda así conto acribillar a centos destes “bechos” tan pronto lle poña a man enriba a este xogo.
Tráiler in-game de Lost Planet 2
Luns, 4 de Maio de 2009