Xa non é a primeira vez que Nintendo ten problemas coa xustiza, e desta volta tócalle a unha pequena clínica dental de Suecia.
A compañía xaponesa obrigou á clínica chamada Wii Smile, a cambiar o nome, xa que Nintendo rexistrara o nome de Wii no 2006, e a clínica dental inaugurárase un ano despois.
A compañía xaponesa obrigou á clínica chamada Wii Smile, a cambiar o nome, xa que Nintendo rexistrara o nome de Wii no 2006, e a clínica dental inaugurárase un ano despois.
Un dos socios que leva esta clínica asugura que o seu apelido comeza por Wii e ademáis son dúas as persoas que xestionan dita clínica.
De todas as maneiras Nintendo asegura que a denuncia non se debe só pola semellanza dos nomes , xa que segundo parece a compañía nipona no seu rexistro orixinal non só inclúe consolas , senón tamén odontoloxía.
Seguramente non quere que esta clínica lle roube consumidores nun futuro “Imagina ser dentista”…
Nintendo en qué te estás convertindo?
Nintendo en qué te estás convertindo?
Certo, certo, seguro que lle está roubando moita clientela a nintendo. Pois terían que fixarse en moitas fontanerías de por aí adiante que usan o logotipo de mario (se non mirade no WTF de microservios para atopar exemplos)
Nunca entendín a política nin a forma de actuar de Nitendo nesta actual xeración.Creo que para mín ( e supoño que para moitos), Nintendo foi un claro referente neste mundo, e polo que se vé, olvidouse do seu propio pasado