É impresionante á velocidade coa que se crean rumores ou noticias de xogos dos cales non saberemos nada como mínimo ata dentro de ano e medio.

Coa saída de Call of Duty: World at War e a futura saída de Call of Duty: Modern Warfare 2, agora sabemos que Activision está traballando na séptima entrega, a cal barallan a posibilidade, de que a acción sexa en Vietnam. Sabemos que Treyarch, a cal se encargará do proxecto, está licenciando abundante música da Guerra de Vietnam, co fín de ambientar a faceta sonora desta novo título da saga.

Veremos en qué remata todo isto. Personalmente creo que estamos nunha etapa tan prematura do videoxogo, que me parece ata ridículo comezar a falar del.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario