Videoxogadores hipócritas

Por: Venres, 1 de Maio de 2009

Todos somos conscientes de que o mundo dos videoxogos está relacionado con inmadurez, infantilización, agresividade, e outros termos erróneos, os cales a xente emprega sen ningún tipo coñecementos, cando se queren referir a este mundo.
Pois eu preguntome, a quén se referirán concretamente?
Porque igual que pasa no resto das materias, a hipocrisía que rodea a esta cultura, é moi elevada.
Puxéstesvos a pensar algunha vez, a cantos que teñen videoconsola lles gusta os videoxogos realmente?.A moi poucos.
Dende hai xa anos, os videoxogos pasaron de ser motivo de divertimento a convertirse nunha moda lonxeva. Unha moda que está respaldada polos medios de comunicación, os cales nos meten na cabeza que se non tes unha videoconsola, xa non vas ser o “nonvaimáis” do instituto.Por suposto, todos obedecen sen ningún tipo de problema. Cantas casas teñen unha Wii ou unha DS?Moitas.
E agora a pregunta de século:
Cantos das millóns de persoas que son posuidoras dunha consola, disfrutan realmente dos videoxogos?
A xente unha vez que adquire unha videoconsola, xa cumpríu, xa pode presumir de ter un consola, xa pode alardear de ter unha Playstation 3, Xbox ou a que sexa, xa está metido no círculo hipócrita que degrada o mundo dos videoxogos.
Como moito, os primeiros días mercará un xogo e incluso ata lle pasará o final ( isto cun pouco de sorte).
Se algún día lle prestan algún outro videoxogo, botaralle un vistazo, saltaralle diálogos ( total qué lle importa o argumento), saltaralle os vídeos de presentación ( total, do que se trata é de pulsar botóns, non de perder o tempo en mirar vídeos), comezará a mover o protagonista, e como se trabe nun lugar concreto ou lle custe pasar dunha de terminada fase, como se lle pida un mínimo de paciencia e un mínimo de intelixencia, abandonará o videoxogo de inmediato.
Supoño que coñeceredes a xente así, pero estes non se poden considerar xogadores, no fondo ( ou non tan fondo), non lle gustan os videoxogos, son hipócritas, vítimas dun sistema que nos fai actuar da forma que lles dá a gana.
E preguntarédesvos, o que escribe pasoulle exactamente o mesmo…
Existe unha minoría, os cales tratan os videoxogos, como un cinéfilo trata os filmes, como un lector trata os libros, dunha forma obxetiva, tentando fuxir da basura que se programa en forma de videoxogos, e buscando as grandes obras de arte que se crean neste mundo.
Saboreando cada videoxogo de principio a fín, convertindo cada xogo nun novo mundo,tratando aos videoxogos como cultura.
Pero por desgraza quedamos poucos, moi poucos…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

3 Comentarios a “Videoxogadores hipócritas”

  1. Juanjocelta di:

    Si, por desgracia esta e a cruda realidade, a mayoría da xente ten a consola de adorno no salón.moi boa a entrada.
    Saudos

  2. skaltum di:

    E esta xente é a que converte o mundo dos videoxogos nun simple xoguete.
    Os xogos deberíanse tomar como forma de vida e non como moda, e con isto non me refiro a converterse nun ser fanático e desprezábel que defende a súa consola á morte (que por desgraza hainos a montón), refírome a entender os videoxogos, disfrutalos, vivilos e tentar afastarse dos desfeitos interactivos que crean algunhas compañías.
    Por certo moitas grazas por comentar, a ver se vai collendo máis forza o blogue.
    Saúdos.

  3. Juanjocelta di:

    Si a ver se a xente vaise animando a entrar blog, ke esta moi ben, eu non o coñecia, entrei porke vin unha entrada no blog de Marcus e gustoume. Bo traballo. saudos

Deixar un comentario