Qué sería un videoxogo sen a súa dose de inimigos, esperando o mínimo despiste ou distracción , para votarse enriba túa e rematar cos píxeles vivos do protagonista?
Pois non sería nada, converteríase nun xogo baleiro, un xogo carente de vitalidade…
Pois por iso, penso que é preciso adicarlle un apartado a estes personaxes, e non me refiro só aos monstros finais, senón a todo o elenco de personaxes que che complican o desenrolo da historia, aumentando así o interese do propio videoxogo.
Comezarei a falar de:
PHANTOM
Moitos xa saberedes, a qué xogo pertence, e moitos estaredes rememorando as múltiples pelexas que ten Dante con este curioso monstro.
Por suposto, estou a falar de devil may cry, un dos mellores xogo de acción que existen para unha consola, mantendo un frenético ritmo durante toda a historia.
Pero por qué este monstro merece estar entre os mellores?.Pois moi doado. Tanto pola insistencia e empeño que pon para acabar coa vida de Dante, polos diálogos que manteñen os dous personaxes antes de entrar en combate ( xa estabamos acostumados a escoitar as sátiras do noso protagonista, pero ver bacilar a un demo xigante, entrando nun previo combate dialectal entre os dous, eso nunca o vira),pola enorme calidade dos combates ( espectacular pelexa dentro da igrexa, e non hai cartos que pague ver a Dante saltar e atacar enriba da araña xigante, feríndoo e o mesmo tempo esquivar os ataques de lume (ou lava) enviado polo noso inimigo), pero sobre todo, pola dificultade que supoñía acabar con el, debido que cada vez se está perdendo o costume de poñer inimigos dunha dificultade decente, sempre é bo recordar estes monstros que te facían suar para acabar con eles ( pero que ben quedabas unha vez que o mandabas para o inferno).
Por todo isto merece un recuncho neste apartado. Os que non tivesedes a sorte de xogar a esta verdadeira xoia, deixovos este vídeo para que disfrutedes da enorme calidade que emitía o primeiro Devil May Cry, e tendo en conta que apareceu cando a Plystation 2, estaba nunha etapa bastante prematura ( en relació aos anos que levou), merece aínda máis o meu respeto, convertíndose nun xogo de culto para calquera xogador.Un verdadeiro exemplo de como se fai un xogo bo.