Chegará unha nova entrega de Ghost Recon

Por: Xoves, 30 de Abril de 2009

Volven dúas franquicias de Tom Clancy, o tan retrasado xogo de Splinter Cell: Conviction e unha nova entrega de Ghost Recon.

Foi anunciada, que a saída dos dous videoxogos, será antes de que remate o ano fiscal, que remata en marzo do 2010.

Con respeto a Conviction, creo que xa vai sendo hora da súa chegada, despois dos múltiples problemas de desenrolo que tivo. Esperemos que todos os retrasos que sufríu sexa para ben, e aínda que prefería unha entrega de Splinter Cell, similar, ou polo menos co mesmo plantexamento que as primeiras entregas, pódenos sorprender cun título bastante entretido.Aínda que coma sempre,esperanzas, ningunha.

Referíndome a Ghost Recon, pouco se sabe deste título, pero pouco hai que decir desta saga de acción táctica. Sabemos que virá baixo o nome de Ghost Recon 4, e chegará nesta mesma etapa.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario