Xogando coas sombras

Por: Mércores, 29 de Abril de 2009

De novo os videoxogos independentes superan, e con creces aos xogos comerciais, e aquí está a proba.
Un espectacular vídeo, no cal teremos que xogar coas sombras, pero para camiñar por enriba delas, desta forma teremos que controlar o nivel de luz, os obxetos que temos deperdigados na pantalla ,a física dos elementos…
Os creadores comparábano cos Marios, aínda que a mín paréceme que se achega moito máis ao xénero dos puzles.
Unha grata sorpresa que me levei, ao comprobar que os xogos independentes seguen tendo bastante forza.
Impresionante vídeo, impresionante vídeo…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario