Warioware: myself, vai dar moito que falar

Por: Mércores, 29 de Abril de 2009

Un dos xogos que máis está dando que falar pronto chegará á portábel de Nintendo, e vai dar que falar, xa que dito xogo permitirá crear as túas propias miniprobas, simplemente con que teñas un pouco de imaxinación.
O xogo xa saíu en Xapón e adivinade, cales foron as primeiras probas que crearon os nipóns, sí , por suposto de carácter sexual, e este é o resultado.
Polo menos simpático é, e xuntándose uns compañeiros que teñan imaxinación, poden saír cousas moi boas, e grandes risas me vou votar eu cos colegas.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario