Square Enix puxo en manifesto que o novo xogo baseado na saga Star Ocean chegará ás tendas de todo Europa o 5 de xuño, como xogo exclusivo da Xbox 360.

Star Ocean xa foi lanzado en Xapón en febreiro e as críticas especializadas ( se é verdade que existe algunha) doulle moi boa acollida a este novo xogo de rol.

O xogo meteranos nunha hipotética terceira guerra mundial e narranos a historia dun ser humano, que terá que viaxar polo espazo exterior.

Non pinta mal esta entrega e aínda que hei de recoñecer que os xogos de rol non son os meus preferidos, ao mellor merece un pequena oportunidade este The Last Hope.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario