Outro vídeo de Infamous

Por: Mércores, 29 de Abril de 2009

Outro dos xogos no cal resalta a forma máis efectiva de facer o animal dentro dunha cidade a cal non vai saír moi ben parada ao noso paso.
Despois de ver varios vídeos deste proxecto, en todos eles atopo algo, non sabería ben o qué, pero algo que me agrada potencialmente.
Será a variedade de accións que pode levar a cabo o protagonista?
Será a forma como se sube non tren neste vídeo?
Será a posibilidade de amarrarse a case calquera superficie?
Será o poder do protagonista, que lle permite voar, lanzar ataques eléctricos…?
Non sei o que me chama tanto a atención deste Infamous, pero o que sí teño claro, é que cando pille o pad con este xogo na consola, vou convertir a cidade en restroballo, ben sexa por que me gusta o plantexamento ou ben sexa porque teño que tragar as miñas palabras e tratar a este xogo como outro do montón.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario