Unha das cousas que máis se criticou do primeiro Bioshock, foi a ausencia de multixogador. Pois ben, nesta segunda entrega, xa foi confirmado que incluirá multixogador, pero Hogarth de la Plante, diseñador xefe do proxecto, apresurouse a dicir que non afectará ao modo historia para un xogador.

Para moitos, será unha boa noticia, aínda que para mín o que realmente espero é a campaña do Bioshock 2, a cal transmitirá ( estou case seguro), a mesma sensación de intranquilidade e inseguridade que a primeira parte, e isto non hai multixogador que o supere.

En fín, para miña opinión, o multixogador non é máis que un extra secundario, co fín de publicitar dunha maneira máis exitosa esta segunda entrega, que chegará en outono para as plataformas Xbox 360 e Playstation 3.

Qué ganas de meterme en Rapture…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario