2100

Por: Mércores, 29 de Abril de 2009

Ano 2100-Diario de Breogán

Luns:
Como todos os días, faltábame algo.Non pasaba fame, nen frío, levábame ben coa xente , tiña un bo soldo…Pero faltábame algo. Almorcei e marchei para o meu traballo a deixarme explotar.Despois de traballar as miñas quince horas diarias volvín á casa.Comín un pouco e cando pretendía ir para a cama descansar un pouco, vín un pequeno lampexo no meu xardín. Saín fóra e ao achegarme á tenue luz, fixeime que se trataba dunha pequena caixa de metal que reflexaba coa luz da lúa.Collina e leveina dentro. Como chovera todo o día dunha forma bastante forte, supuxen que dita caixa fora desterrada.
Abrina cun golpe forte, xa que nunca crín niso da maña.
Dentro había unha nota metida nun sobre e outra pequena caixa, que decidín deixala pechada.
Así e todo, estaba bastante canso e non tiña ansias nin por ler o papel, que supuxen que sería algunha publicidade ou algo polo estilo.Marchei durmir.

Martes:

Tivera un soño moi raro e levanteime asustado. Por algunha razón dirixínme directamente ao sobre e collín o papel e lín:
“Ano 2020, chámome Ente e déixo esta carta para que alguén sepa o que estamos vivindo, o que nos están facendo.Acaban de dar o cuarto golpe de estado, e todo se volveu máis cruel do habitual.Prohibiron as lecturas, controlan as canles de TV e outros medios e o que máis me doeu a mín.Prohibiron os videoxogos.Obrigáronnos a eliminar calquera aparello que puidese servir para entreternos. Xa pasaron dous meses despois disto e o único que escoito son pequenos rumores de consolas no mercado negro.Contrólannos cada movemento que facemos, temos que sacar un permiso ata para bicar ás nosas parellas.Non aguanto máis. Tres meses despois do novo réxime, armeime de valor e saín pola noite para fóra ( sí, tamén prohibiran saír pola noite).Dirixinme nun silencio absoluto, a un dos lugares no que escoitara falar, para ver se atopaba alguén.Era unha mesta carballeira, na que me adentrei pouco a pouco. Alguén me empurrou e tiroume ao chán, cando se cercionou de que non era ningún intruso, senón, unha das tantas vítimas, levantoume e comezamos a falar. Díxome que só quedaban tres videoconsolas en todo o mundo.Nese intre comezou a poñerse nervioso, e sen mediar palabra dirixíuse cara un dos carballos máis grosos do lugar e sacou dun dos seus múltiples ocos unha caixa.Díxome que collera iso e que marchara rápido.Obedecín e corrín cara a miña casa.Non me atrevín a abrir a caixa asique deixeina enriba dun estante.
Ao día seguinte, fun ao traballo e só se falaba dunha cousa.Colleran á única persoa que sabía onde estaba a única videoconsola de Galiza e de parte do mundo.Collérano nunha carballeira próxima e despóis de calcinar dita carballeira levaran ao home.Comecei a tremar e aínda que sabía que marchar do traballo estaba penado, o medo puido con calquera futuro castigo e dirixinme á miña casa.
E aquí estou, escribindo esta carta e enfronte desta caixa, enterrareina o máis fondo que poida no meu xardín. Non quero saber o que hai dentro aínda que xa o sei, pero non o quero saber.
Sei que o home que detiveron non aguantará e rematará por decirlle a quén lle entregou a caixa. Sei que virán por mín. Pero se alguén le isto, espero que faga o posíbel para que volvan permitir as videoconsolas no mundo, xa que son unha boa forma de evadirse do mundo triste e cruel que nos rodea.Unha forma de diversión a cal te pode axudar a superar calquera situación desfavorábel na que te atopes.”

Despois de ler esa carta quedei pensando.A mín e a todos nos dixeran que os videoxogos eran unha forma de eliminar ás persoas pouco a pouco, para mantelas controladas, por eso se desfixeran de calquera videoconsola.Pero ahora dábame conta de que nos controlaban inventándose un pasado irreal.
Collín a caixa algo máis pequena e abrina, era un aparello a cal tiña o nome de NES.Seguín as instruccións que conecteina á TV. Tan pronto a conectei apareceron as letras de Super Mario Bros 3, pero antes de que puidese experimentar a sensación de xogar, petaron a porta.Era un garda que me viña deter por chegar tarde ao traballo.Un traballo o que xamais volvería ir.Unha vida que non ía continuar, xa que cando o garda entrou e víu aquel extraño aparello, levantou a súa arma e disparoume.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario