Despois de que amosaran algunhas fotos desta segunda entrega ahora chéganos o tráiler, no cal podemos ver ao protagonista eliminando zombies da forma máis estrabagante posíbel. Dicindo a verdade, a primeira parte non me emocionou demasiado, xa que crear un xogo no cal o único que hay que facer é eliminar zombies, maquillado con misións “secundarias”, non me parece un desenrolo do máis divertido. Parece ser, como podedes comprobar no vídeo, que a segunda entrega terá un plantexamento moi similar o cal non me gusta nada.
Pero a quen lle guste reventar tipos lentos da forma máis ridícula posíbel, está de noraboa, xa que no 2010 chegá este videoxogo.
Violento?, sí. Monótono? case seguro. Lento? tanto como o anterior. Argumento?, cero. Ventas?, ganancias millonarias.
Eu tampouco o entendo.
Novo tráiler de Dead Rising 2
Martes, 28 de Abril de 2009