Killzone 2

Por: Martes, 28 de Abril de 2009

A mín xa me parecía que non era tanto como dicían. Non me xulguedes mal, o nivel gráfico deste xogo é moi bo, pero non creades eso que dicían fai unhas semanas, de que acadaba un nivel xamáis visto nunha consola, xa que títulos como Resident evil 5, COD Modern Warfare ou Gears of War 2, igualan ou superan o nivel gráfico de Killzone 2.
Ben vedes con qué títulos o comparo, asique xa saberedes que nivel pode alcanzar, cun modelado de personaxes impresionante, escenarios sempre en movemento, multitude de eninimigos en pantalla, explosións que causan a deformación dos edificios e terreos, etc. Ademáis conseguiron unha física moi lograda, sobre todo na caída dos Helghast mortos, os cales cada un cae dunha forma diferente.
Por suposto a acción é constante, co único obxetivo de acribillar a calquera que se nos poña a tiro de proxectil, aínda que a variedad de situación que nos propoñen ( aínda que co mesmo propósito) intenta darlle un pouco de variedade ao desenrolo, como usar torretas antiaéreas, pilotar un robot bípedo, adentrarte nun tren en movemento, etc.
Pero lonxe de todos estes apartados, o que verdadeiramente me gustou esta segunda entrega de Killzone, é a súa dificultade, xa que a cantidade de inimigos que teremos que eliminar, mesturado coa enorme dureza que teñen aos nosos ataques e a enorme intelixencia artificial que demostran no campo de batalla( fuxir cando se ven rodeados, dispara a cegas, tumbarse no chan para dificultar a súa posición…) fan que o noso protagonista morra bastantes veces, o cal se agradece despois de ver a cantidade de videoxogos que aparecen no mercado cunha dificultade invisíbel.Tampouco quero dar a sensación de que sexa imposíbel de pasar, que ben é certo que unha vez que sepas máis ou menos de donde proceden os disparos que te liquidaron, xa poderás facerlle fronte, e se ti non dás, podes estar tranquilo que sempre estarás acompañado por outro personaxe durante todo a aventura.
E aquí está un dos puntos negros, por qué a ausencia dun cooperativo?.Vagancia?.Non sei,non atopo solución a esta incognita, pero despois de votar anos e anos en desenrolo, creo que debería ter máis extras. Xa sei que se apresuraron a dicir que tería cooperativo e multixogador online, pero unha vez máis, rematou ser publicidade enganosa.
Ademáis, cada vez que avanzamos cara outro lugar do escenario, o xogo paraliza un segundo a acción para cargar a seguinte parte do escenario. Parece que non é moito, pero interrumpe a intensidade da acción, e volvo repetir, tiveron tempo suficiente para correxir calquera erro.
Como conclusión, decir que estamos ante un moi divertido e intenso shooter en primeira persoa, pero que tampouco se trata do xogo por excelencia, nin é perfecto nin moito menos.Deixémolo en que estamos ante un título moi bo, pero non creamos o que nos dín, que ten erros coma todos.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario