Se decidín poñerme a crear un blogue sobre o mundo dos videoxogos en galego, foi precisamente pola ausencia total destes na rede. Mira que busquei, pero nada. O idioma neste tema era sempre o mesmo.
Por unha banda non estou precisamente asombrado nin conmovido ( o mellor conmovido un pouco, pero xa ben de lonxe), xa que se a ninguén lle interesa o galego en temas máis cotiás, moito menos nun tema, no que os principais consumidores son xente nova, a cal parece que leva o desprezo galego nas veas, e prefire noticias que veñan dos núcleos de cidades, as cales consideran “importantes”.
Aínda así, supoño que haberá unha minoría, e dentro desa minoría existirá unha elite, que lle agrade ver algunha noticia sobre esta cultura, no seu idioma, cada vez máis remoto.
Pois mentres dure a miña tolería, segurei escribiendo as noticias que me parecen máis relevantes sobre os videoxogos no meu galego, que por suposto non é perfecto. Pero máis vale un intento fallido, que unha falta de compromiso plena.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

4 Comentarios a “Ausencia de blogues ou páxinas de videoxogos en galego”

  1. Jan Ros di:

    Hola, Skaltum!

    Perdona que no pugui respondre en gallec, espero que tu puguis entendre el català com jo entenc la teva llengua.

    Sóc el redactor en cap d’Ara VaDeJocs, la secció especialitzada en videojocs del Diari Ara. Vam començar com a mitjà independent el 2005, ara estem consolidats (tot i que encara ens falta bastant per a poder-nos professionalitzar).

    Vull animar-te: no deixis d’escriure en la teva llengua. Quan nosaltres vam començar no hi havia pràcticament cap altre mitjà, ni cap bloc, ni ningú, que es molestés a parlar de videojocs en català. Ara el panorama no és idíl·lic, ni molt menys, però ja no és tan trist com fa uns anys. Hi ha programes de ràdio, de televisió, fins i tot diaris i revistes en català que en parlen, ara, dels videojocs, i hi ha webs com el nostre que es dediquen a informar en la nostra llengua, que és, alhora, una perspectiva.

    … Suposo que estem lluny de poder jugar videojocs mainstream en les nostres llengües respectives, minoritàries i minoritzades, però segur que hi ha qui, com tu, cerca qui parli de la seva passió en la vostra llengua. Així ha crescut VaDeJocs, espero que passi el mateix amb Memoria Pixelada.

    😉

  2. Skaltum di:

    Moitas grazas por enviarnos a vosa experiencia e teño que dicir que non penso cambiar de idioma para levar a cabo este proxecto. Como galego teño lingua propia, e son dos que penso que hai que apoiala do xeito que sexa, pola miña parte Memoria Pixelada e un pequeno medio para isto.
    Por outro lado espero seguir os pasos que seguistes vós, e que nun futuro próximo esta páxina sexa un referente no ámbito videoxoguil en canto a análises,novas,opinións, etc.

    Grazas de novo polo voso apoio e interese.
    Saúdos

  3. Outro saúdo por aquí Jan, grazas polas palabras.

    PS: Como seguidor de toda a vida da Penya, estou habituado a ler en català, aínda que sen ter tido contacto anterior coa túa lingua, para calquera galego resulta doado entendela.

  4. Un saúdo.

    Estou moi contento de ver unha páxina adicada ó videoxogo en galego, como gamer e galego enchéme de ledicia. Eu tamén penso que o número de páxinas sobre estos temas en galego é case inexistente e tamén son encesarias. Eu mesmo teño un blogue de humor “freak” en galego, que fixen ó ver a inmensa cantidade destes que hai en castelán e inglés e a ausencia total e absoluta que había na rede en galego.

    Se algunha vez necesitades unha colaboración máis light, son un adicto as aventuras gráficas e algunha colaboración podería facer.

    De todas, todas moita sorte co proxecto e que saía adiante. Moito ánimo

Deixar un comentario