Parece ser que unhas fontes anónimas, falaron co portal norteamericano ScrewAttack, predecíndolle que Uncharted 2: Among Thieves , podería contar cun modo multixogador on-line, que ademáis viría dado da man dun cooperativo.
Tamén aclarou, que este modo cooperativo, sería un aliciente totalmente alleo á historia principal, polo que se trataría de misións complementarias ( como xa pasaba no Splinter Cell: Chaos Theory).
O que de verdade me parece a mín, é que a historia será tan breve como a primeira entrega ( fallo que non se deberían permitir), polo que agora, o único que fan é maquillar este erro con cooperativos descafeinados e multixogadores intranscendentes.