Imaxinación 5 : o desenlace

Por: Venres, 24 de Abril de 2009

… Abrín os ollos e encontreime cara a cara co profesor Layton.
-Estás preparado para rematar co teu cometido? un só obxectivo te separa da liberdade?
– Vamos, dalle ao botón dunha maldita vez e terminemos con isto.
Cando volvín parpadear, xa non estaba no laboratorio, estaba nun lugar totalmente diferente. Nunca vira nada similar, estaba nun lugar totalmente baleiro, todo de cor branco e cando me xirei, vín a un extraño personaxe e antes de que eu dixera nada, dixo:
-Non digas nada, simplemente escoita. A túa última vítima vai ser diferente aos demáis, será un obxectivo real, será o profesor Layton.
O home aproximouse a mín e entregoume unha navalla.
-Con isto cortarás as cordas coas que estás retido e eliminaralo. Tranquilo, cando despertes estarás só, e terás dez minutos para desfacerte das túas ataduras.
-Quén eres?
-Son o teu subsconciente e o que te axudará a saír deste lugar.
-Entón, o que me estás dicindo,estouno pensando eu?
-Unha parte de ti si que o dí e a outra parte quereo rexeitar, pero son máis resistente do que pensas.
-E a navalla, é real?.
-Iso saberalo ti mesmo. Ahora lárgate e escapa do teu cautiverio.
-Unha última pregunta, ¿o meu subconsciente ten nome?.
-Pódesme chamar… Skaltum.

Abrín os ollos lentamente intentando espertar do meu sono, pero algo chamoume a atención. Tiña unha navalla na man.Cun rápido impulso comecei a cortar as correas que me suxeitaban. Cando me liberei, levanteime da camilla e dirixinme á habitación do profesor. Abrín a porta lentamente. Alí estaba, deitado na cama e sen facer ningún tipo de ruido. Acerqueime lentamente e cando cheguei xunto a el, sumerxín a navalla no seu peito alcanzando o corazón.
Remataba así o meu pesadelo, remataban os meus medos, remataban os meus sufrimentos, remataba o terror, remataba coa dor.
Baixei rápido as escaleiras do edificio e saín fóra. Era un pobo que non recoñecín, o día era moi frío e a néboa chegaba ata as casas.Acerqueime a un letreiro e lín : WELCOME TO SILENT HILL.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario