Despois de que se deixara ver o tráiler deste coñecido xogo en Xapón, pronto se comezou a transmitir por todo o mundo doses de información relacionado con este xogo de rol.

Pois ben, hoxe podemos saber, que segundo un dos responsábeis deste proxecto, esta entrega será a máis dificil de todas, para captar e satisfacer aos xogadores máis puristas de Final Fantasy.

Ademáis, o sistema de niveles de experiencia, estarán colocados dunha forma moito máis clara, o cal axudará comodidade dos menús. Outros detalles que se mencionaron, foron a inclusión de armas e a posibilidade de realizar combos.

Eu sigo sen ver demasiado claro o estilo e forma de combate dos Final Fantasy, pero parece que aos seguidores desta saga lle gusta, asique o único que teño que facer é esperar.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario