Resident Evil 5

Por: Mércores, 22 de Abril de 2009

Espectáculo visual. É o mellor resumo que se lle pode dar a este xogo. Pero comecemos dende o principio. Como sempre póñennos como inimigo máis próximo, aos infectados polo virus creado por Umbrella, esta vez situados nun lugar de África. Dende o primeiro instante que collades o mando nas vosas mans darédesvos de conta da enorme calidade gráfica que emite este novo Resident Evil, chegando a igualar ao todopoderoso Gears of Wars 2 (que xa é moito decir).
Dado que non só de gráficos vive o videoxogo, terei que mencionar outro dos grandes puntos desta quinta parte, a intensidade e espectacularidade que se dán a man , a medida que avanzamos na aventura, dende perigosos monstruos a beiras dun precipicio, disparos dende un vehículo en marcha, esquivar perigosos crocodilos, loitas en embarcacións …. e isto non é todo o que nos espera, polo que xa vos podedes imaxinar a que me refiro, con iso de intesidade.
Por suposto, a dificultade non recae sobre os puzzles que se nos propoñen, capaces de levalos a cabo por calquera persoa cun mínimo de …, pois iso, que xa me entendedes, a verdadeira dificultade recae, na supervivencia, con momentos , no que o único que temos que facer é manternos con vida ata que chegue axuda, e tendo en conta que nos atacarán decenas de infectados armados, monstruos capaces de atacarnos dende lonxe… e todo isto acompañado dunha intelixencia artificial moi lograda, ata o punto de que te perseguirán incluso ata os tellados, esquivan os teus proxectís, atacan en grupo, etc, non teremos unha tarea tan sinxela.
Este xogo foi criticado polas enormes semellanzas ca cuarta parte, e con relación a iso, teño que estar de acordo, xa que repite ata os mesmos inimigos, como o xigante, o monstruo mariño, o infectado da motoserra… neste sentido Capcom podería innovar un pouquiño, aínda que por outra parte, se a cuarta parte era unha verdadeira xoia, e esta parte copiouna , aumentando a calidade e espectacularidade, creo que a ecuación é doada de resolver.
Para mín, o verdadeiro problema deste xogo, igual que pasaba na cuarta parte, é o control ( como vedes copiou o bo e o malo), xa que dita xogabilidade faiseme un pouco pesada e dura, na que en moitos momentos o único que poderemos facer é dar media volta e correr a lugares máis lonxanos, para disparar dende lonxe, xa que se nos atacan dende moi cerca, non poderemos dispararlle rápido polo lento movemento do protagonista.
Se a todo isto lle sumamos un dos mellores cooperativos a pantalla partida que xoguei, temos un xogo case redondo, con pequenos fallos que lle restarás importancia pola calidade en conxunto.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

4 Comentarios a “Resident Evil 5”

  1. Neima di:

    ains, ojala baixara de precio para poder terminalo en cooperativo dunha vez XDD

  2. skaltum di:

    Pódoche asegurar que contén un dos mellores cooperativos dos videoxogos, é incluso tan bo como o do Gears of War ( que xa é dicir), e todo isto acompañado dunha explosión gráfica impotente.
    Gustarache, asegúrocho.

  3. Neima di:

    no, se xa me gusta jaja. que estivemos a punto de acabalo, pero … acabouse o alquiler XDDD e ahora temos que compralo en fin… eche o que ten

  4. skaltum di:

    Home, pois podiades alongar un pouquiño o alquiler e disfrutalo ata o final jeje, que ben merece a pena.
    Ou tiñádesvos que viciar máis tempo para rematalo antes de que se rematase o plazo XDD

Deixar un comentario