Xa facía algún tempo que se anunciaba que Bizzarre Creations, creadores da famosa saga de velocidade Project Gotham, estaba desenrolando outro xogo de velocidade, con carreiras vertixinosas e combates con coches armados.
Pois nada se sabía deste proxecto, ata hoxe, o cal definiron cal será o título desta atractiva proposta. O seu título será Blur, e sairá para as plataformas Xbox 360, Playstation 3 e PC.
Esperemos que fagan algo decente, e non se aproveiten da súa fama para meternos unha “cacuela” , destas que non che dan ganas nin de prender a consola, xa que no ámbito de simuladores de coches deportivos, sen facer obras mestras ( por moito que fale a “crítica”), pois os Project Gotham, deixábanse xogar, pero se agora van cambiar para un estilo máis arcade, veremos se Bizzarre se adapta ben a este novo xénero.