Mega64: Shadow of the Colossus

Por: Mércores, 22 de Abril de 2009

Como sempre, os de Mega 64 chamando a atención polo medio das rúas parodiando algún videoxogo. Esta vez tocoulle a Shadow of the Colossus, e despois de escoitar a terrorífica noticia da súa saída futura nos cines, sempre se agradece que alguén nos quite ese mal sabor de boca que temos dende que sabemos dita noticia, e se ademáis utilizan o humor como arma, mellor que mellor.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario