Imaxinación : capítulo 4

Por: Mércores, 22 de Abril de 2009

… Qué me estaba pasando?por qué me tiñan alí capturado?.Non o sei, pero o próximo que sentín foi unha forte dor na cabeza, e despertar nun extraño e frío lugar.
Levanteime de mala maneira e esperei a que algún raro personaxe me indicase o meu próximo obxectivo, pero nesta ocasión non pasou nada.
Cando me aproximei a unha parede, abríuse unha porta, momento no que me percatei que estaba no interior dunha especie de nave. Nun papel poñía Nave Ishimura. Avancei polo corredor e comecei a escoitar uns ruidos terroríficos. Collín unha lanterna, que inexplicábelmente tiña no meu peto e enfoquei ao final do corredor. Alguén se acercaba moi lentamente. Toquei todos os meus petos, pero non tiña ningunha armacoa que defenderme. Antes de que empezase a fuxir,el faloume:
-Tranquilo, son Edward Carnby, e son o teu aliado.
-Non teño aliados, non te necesito, marcha…
-Estás nervioso e enténdote.Estamos nós sós y… os nosos obxetivos. É un tolo maníaco, un asasino sen escrúpulos e un robot. Creo que se chaman Kane, Clank e Linch, pero non estou moi seguro, asique é mellor ir por eles, e rematar con todo este pesadelo.
Entregoume unha arma e puxémonos na procura destes tres personaxes.
Non tardamos en atoparo pequeno robot, e a verdade, a Carnby non lle resultou moi difídil desfacerse del, xa que da súa mochila sacou unha enorme xiringa, e cravouna a sí mesmo no brazo, se digo a verdade moi cerca da man. Así grazas a esa droga, lanzou un raio azul que deixou os circuitos do robot destrozados.
Seguimos camiñando, sen decir nin unha soa palabra, só de vez en cando, o meu acompañante emitía un pequeno sorriso.
O cabo dun anaco escoitamos escoitamos a alguén. Eran eles, e adentreime na súa habitación apuntándolles coa pistola.
A continuación comezaron a rir a gargalladas, ata que Carnby falou:
-Qué inxenuo eres, nesta nave só tiñas un aliado, que era o pequeno robot, e non fixeches nada para salvalo. Agora estás só, e apunto de sufrir unha longa morte. E non apuntes con esa arma, ou pensas que che ía dar unha pistola cargada?, jejeje.Iluso.
Tendéranme unha trampa e eu caera ata o fondo. Pero non me podía rendir, e nun acto de desesperación, golpeei a Carnby na cara, pero antes de que puidese escapar, os outros dous tiráronme o chan, e golpeáronme ata que me desmallei. Cando espertei, estaba atado a unha cadeira sangrando por todos os orificios da miña cara, ademáis sentía unha dor intensa no abdome. Un deles, o que tiña unha tirita no narís, acercouse a mín e colocoume unha pistola na fronte, pero antes de que presionara o gatillo, a nave tambaleouse e todos caeron o chan. No momento entraron tres persoas no habitáculo e executaron aos meus captores antes de que se erguesen.
Unha vez que me desataron, un dos meus rescatadores díxome:
-Son o comandante Shepard e recibimos un sinal de socorro. O que nos enviaba este sinal era un tal Clank, eres ti?.
Antes de contestarlle, corrín xunto o pequeno robot, pero non se moveu, era un ser inerte, nada se podía facer por el.

Agghhhhhhhhhhhhh, berrei por unha dor aguda na miña cabeza. Tranquilo estás no laboratorio e só che queda un obxetivo para rematar a túa misión. Anímate.
Doíame a cabeza, necesitaba descansar…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario