Dante`s Inferno tamén sairá para PSP

Por: Mércores, 22 de Abril de 2009

EA, ademáis de lanzar este xogo, tan comentado nas últimas semanas , para as plataformas XBOX 360, Playstation 3 e PC, acaba de anunciar que tamén sairá para a portábel de Sony, cuxo catálogo está sendo cada vez de maior cantidade e calidade( polo menos en comparanza co ano anterior).

Polo de agora non se sabe nada de esta nova versión, pero os seus creadores aseguran que contará coa mesma rápida e intensa xogabilidade, que as versións de sobremesa.
Medo me dá este comentario, dado que un dos lastres que arrastra a PSP dende os seus inicios, é precisamente a súa xogabilidade nos xogos, por culpa da falta dun segun do stick analóxico.
Esperarei sen ningunha ilusión ata que saia a luz este proxecto, e se me sorprende, benvido sexa, e se non( que é o máis probábel), pois xa o teño asumido.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario