Novos detalles de Mass Effect 2 antes do E3

Por: Martes, 21 de Abril de 2009

Bioware acaba de anunciar que antes de xuño, mes no que se celebrará o E3 nos Anxeles, teremos máis información sobre esta secuela, dun dos mellores xogos RPG de acción, da presente xeración.

“Traio unha noticia da reunión desta mañá co equipo de desenrolo. Non teredes necesidade de esperar ata o E3 para coñecer nova información sobre Mass Effect 2”, comentou Priestly, manager da compañía Bioware.

Mentres tanto, está previsto que Mass Effect 2 saia no 2010 para Xbox 360 e PC, asique esperemos que adianten algunha información relevante nas próximas semanas, para saciar un pouco as nosas ansias galácticas.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario