Imaxinación: capítulo 3

Por: Sábado, 18 de Abril de 2009

…seguía atado á cama do laboratorio sen poder facer nada. Curáranme o brazo e por sorte puidera esconder as miñas dúas moedas no peto. Sentín pasos e un lixeiro “click”…
Cano abrín os ollos, atopábame nun edificio en ruinas, o cal lle faltaba o tellado polo que podía ver o ceo e escoitar o canto dos chocobos. Levanteime e mirei o meu arredor. Estaba só, ou eso pensaba porque do chan levantouse un ancián cun traxe que lle permitía camuflarse co seu entorno, prendeu un pitillo e díxome:
– Tes sorte. Catro dos teus obxectivos están xuntos e pódelos eliminar á vez.Fanse chamar, o pelotón Delta, pero asegúroche que non vai ser nada doado. Para atopalos, sigue os disparos.
Cando rematou de dicir esto, douse a volta e marchou.
Saín á rúa e foi cando empecei a escoitar o ensodecedor son das balas. Non parecía que estivese moi lonxe o combate, pero por algún extraño motivo non estaba asustado.
Camiñei con paso seguro ata que fun interrumpido pola voz dun personaxe que estaba sentado nunha silla, enriba dun tellado.
-Son Alan Wake, e estou escribindo un libro de terror, estou escribindo a túa vida… e non sei se deixarte vivir ou pola contra facerte sufrir unha mort…
Nese intre, un home totalmente rapado e cun código de barras tatuado na nuca, cravoulle un enorme coitelo nun ollo, acabando coa existencia do estraño escritor.
– Eu cumprín ca miña misión, a ver se tí fas o mesmo- díxome con voz suave.
Marchei sen mirar atrás pensando en quén eran os meus aliados e quén os meus inimigos.Non tiña as cousas moi claras. Debía confiar neles?.
Pronto cheguei á zona de combate e o que vín foi aterrador. Centos de persoas xacían inertes no chan acribillados polas balas.Algúns aínda estaban vivos e retorcíanse de dor, extremidades desmembradas e só unha cor predominante: o vermello.
Nunha esquina do campo de batalla, estaban catro enormes homes disparando sen parar, coa única protección duns sacos de area que impedían o paso dos proxectís.
Antes de que saise do meu asombro, unha muller cunha extraña arma acercouse a mín e díxome:
-Son Samus Aran, e son a líder deste ataque, como vés perdín demasiados homes ” pero donde eles fracasaron, tí non o farás”.toma esta arma, é o terraformador, utilízaa para modificar o entorno ao teu favor,ahora teño que facer o meu traballo.
Ao dicir isto, convertíuse nunha pequena esfera e comezou a desprazarse cara os catro personaxes, pero antes de que se conseguise meter dentro do seu improvisado búnker, do ceo caeu un enorme raio laranxa que a evaporou.
Cando vín as caras dos catro homes, sen saber por qué, coñecinos:Markus, Dom, Baird e Cole.
Collín a miña arma e disparei cara o chan, creando unha pequena montaña improvisada. Púxenme detrás dela e ao mirar o meu arredor, percateime que era un dos poucos superviventes. O pelotón Delta seguía disparando sen descanso avatindo a todos os inimigos, e eu por algunha razón sentíame obrigado a subir o pequeno montículo. As miñas pernas empezáronse a mover, aínda sabendo que cando chegar á cima, o meu rostro quedaría totalmente destruído polo impacto de todas as balas que me alcanzarían. Pero seguín andando e cando cheguei arriba, algo me sorprendeu… o pelotón Delta seguía disparando pero ninguha bala me alcanzaba. Nese momento , do meu interior saíu un forte berro e a miña sombra convertíuse nun enorme dragón azul, o cal empezou a lanzar bolas de lume, deixando ás catro vítimas sumidas nun inferno.
Cando todo se normalizou, acerquieme correndo xunto os meus inimigos e quedei paralizado polo panorama.Dous deles estaban completamente calcinados e irreconocíbeis, un deles agonizando de
dor mencionaba as súas últimas palabras- Mar…íaaaaaa, Ma…..ríaaaaaaa- e o terceiro mirábame fixamente mentres a súa pel se derretía, e díxome:
-A quén estás axudando?¿Por qué pensas que non che disparamos a pesar de saber o que nos ía suceder?Meu nome é Marcus Fénix,¿cal é o teu nome completo?
Ao dicir isto, acabouselle o sufrimento.

Cando abrín os ollos estaba de novo secuestrado no enigmático laboratorio, e por primeira vez atrevinme a falar co meu verdugo.Berrei forte para que aparecese e cando chegou díxenlle.
-Quén eres e por qué estou aquí?
-Pódesme chamar Prodesor Layton e estás facendo o traballo que moitos rexeitaron, agora deixareite aquí para que recapacites.
-Por favor, unha última pregunta, cal é o meu nome completo?-miroume con desconfianza-.
-Eres Desmond Miles, Desmond Fénix Miles.
Cando rematou de proninciar o meu nome, os meus ollos humedecéronse e unha lágrima percorreu toda a miña cara…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

6 Comentarios a “Imaxinación: capítulo 3”

  1. Neima di:

    ¡hola!

    Bueno bueno, jaja, asique Cole Train, Baird, Dominic Santiago e Marcus Phoenix luchando o teu lado! XDDD está guay, o que pasa e que faiseme raro introducirte no meu xogo preferido (despois do Warhawk) no medio de tanto heroe XD.

    ¿Que tal? Son silvi, lin onte o teu mensaje, e a verdade e que me extrañou moitisimo. Pero para nada me iba parecer mal, pois os malos rollos xa quedaron moi atrás e esas cousas hainas que olvidar. ^^
    O blog está moi chulo, pero teño que decirche que puff faltache algo moi importante!!! O Warhawk. E o noso xogo preferido (meu e do meu neno) desde o 2007, e para ps3 online, e estáa tremendooooo!! levamos xogando anos, todos os findesemanas, sabados pola noite hasta as tantas, viernes pola noite, domingos pola tarde!!! En fin, e increíble.
    Tamen o Gears of War 1 e 2, que ojala salga para dentro de pouco o 3 anque solo anda en rumores.

    Bueno, pois que está moi guay.

    Eu estou moi ben, acabei estudiando donde menos o esperaba (na uni) e na carreira na que nunca pensei entrar nin de lexos, pero mira, que a xente me dixera : “eso non e pa tii pero pa onde vaaas” pois incitoume tanto a entrar que aqui estou. Xa bo e que teño o meu lado unha persona que sempre me bota pa diante en todo jaja.
    Tamen teño un blog: http://www.neimathla.blogspot.com
    Vai sobre a miña segunda afición, a reposteria. Descubrina fai pouco pero estou enganchada. E tamen escribo moi a menudo cando fago algunha cousa nova na cociña claro!
    Escribir sigue sendo a miña primeira aficion, ojala tuvera tempo para terminar o meu libro e publicalo dunha vez. Algun dia.

    Bueno, pois espero que a ti tamen che vaia moi ben, e siguelle dando a este blog que por ahora parece que ten futuro! ^^

    Saludos e sorte.

  2. skaltum di:

    Vexo que o teu seguen sendo os simuladores, ahí atrás eran os Sims e agora décheslle paso aos avións, pero se che digo a verdade eu son máis hardcore, son máis arcade.
    Por certo, está confirmado que o Gears of War vai ser unha triloxía, así que ese rumor xa quedou eliminado, aínda que cando haxa unha mínima noticia poñereina o máis rápido posíbel.O malo é que tamen a queren levar ao cine, cousa que non me gusta nada, tendo en conta todos os resultados de pelis baseadas en videoxogos.
    Alégrome que vaia todo ben e espero verte por aquí máis a miúdo, tanto pra discutir sobre os Sims ( que ben sabes que nunca me gustaron jeje), como para facer calquera comentario.
    Veña a facer moitos postres.
    Saúdos.

  3. Neima di:

    O warhawk non e un simulador XDD anque pode parecelo pero que bahhhh nin se asoma. A min non me gustan os simuladores como o flight simulator ou asi, pero o warhawk e moi arcade… podes ir a pe, a vehiculo, en avion (que e o meu) XD Por ejemplo,nos sempre xogamos en pantalla dividida online claro, e estannos collendo a bandeira e eu dando un paseo ahi polo aire esfachicando avions e de repente oio: ¡¡Corre cari quitame eses avions de enriba porque me teñen hasta os …pii… !!! XDDDD

    jajaja en fin, o Warhawk hai que probalo, que eu tamen decia eso que dis ti .. pero en fin… a verda e tanta.

  4. skaltum di:

    Pois verei que podo facer para botarlle un ollo a ese xogo.
    Por certo, sempre pensei que o teu nick sería Dama Branca, e sen embargo Neima, bonito nome por certo.

  5. Neima di:

    Dama branca podia haber sido na miña epoca mistica… pero inda asi era Galath Undome. (algo parecido unha vez traducido). Dios que recordos xogando o DAOC online co nombre flotando encima da cabeza do personaje, eso si, todos me chamaban dama galath jajajaj como molaba. E cando habia lag, eu tan tranquila disparando flechas os bichos e de repente todos desaparecian e chegabame un mensaje: ¡¡galath donde estas!!! ¿Donde esta galath? XDDD dios que risa.

    Neima, de Neimathla, ese e o meu nome. Encantame.
    ¿QUe? ¿pa cando unha rewiew do warhawk? Jo co qu e mola.
    Eche un xogo que lle gusta a todo mundo despois de probalo. Digocho eu que xa probei con moita xente e quedou enganchada XDD

  6. skaltum di:

    Aínda teño moitos xogos por diante, e non dou feito a xogar, pero a ver se algún día me decido.

Deixar un comentario