GTA : Chinatown Wars

Por: Sábado, 18 de Abril de 2009

Rockstar, non é a primeira vez que introduce nunha portábel, o mundo GTA, pero tentalo meter nunha consola, no que os seus principais consumidores son rapaciños, parecía unha aventura demasiado complexa.
Pois ben, Rockstar volve conseguir un xogo dos máis divertidos dentro dunha consola ( ejemm, perdoa Mario), introducíndonos en Liberty City, e levando a cabo misións das máis variadas, podendo utilizar e “coller prestado” calquera vehículo que vexamos na nosa pantalla. Isto é o desenrolo de calquera GTA, pero se algo é bo, mellor deixalo tal como está…
Pero ben é certo, que as misións fanse demasiado curtas, demasiado, xa que por moito que se quixesen adaptar á DS, reducir tanto a lonxavidade de cada misión ( e con isto a súa dificultade), fai que votemos máis tempo chegando ao inicio de cada misión, que no seu propio desenrolo.
Tentando buscarlle o lado positivo, así podemos aproveitar para levar a cabo outras misións secundarias (qué sería un GTA sen poder exercer de taxista, bombeiro, policía, etc, pero ademáis, nesta nova versión, dásenos a posibilidade de traficar drogas, e de feito, debédelo facer para gañar máis diñeiro, sobre todo ao principio da aventura).
En referente ao apartado gráfico, obtouse por empregar unha vista cenital (debido ás propias limitacións da consola). Aínda así, vemos unha cidade sempre con vida, na que os viandantes abren os paraugas se chove, accidentes en plena rúa… todo se move de forma independente e todo a un gran nivel de detalle, aínda que nalgúns momentos, os escenarios antóllanseme demasiado baleiros.
Pero non todo brilla con luz pripia, xa que esta nova vista redúcenos o campo de visión, e tendo en conta que o manexo dos vehículos tampouco está moi lograda, estaremos chocando a miúdo, por non ver o que nos ven de fronte ( sobre todo a gran velocidade). Por culpa desta visión aérea tamén se elimina a espectacularidade dos anteriores GTA, aínda que está compensado polas altas doses de diversión.
Así, temos un xogo de carácter moi adulto ( cousa que lle resta compradores) no que o emprego da pantalla táctil é constante, dándolle máis variedade ao desenrolo ( e tamén chegando a cansar, por tantas veces que terás que sacar o stylus).
Aínda así, é unha das mellores opcións que temos nestes momentos para a DS, tanto polo seu don para divertir , como polo seu logrado apartado gráfico.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario