Un día levántaste pola mañá, prendes o ordenador , daslle sen moitas ganas nin esperanzas á tecla “play” para ver un vídeo do novo xogo baseado no mundo de Terminator… e lévaste unha grata sorpresa.
Non estou dicindo que vai ser unha enorme xoia,( e máis vendo aos anteriores xogos) pero o gameplay do xogo pinta realmente ben.
A nivel gráfico parece máis que decente, cuberturas o máis puro estilo Gears of Wars, fases na que usamos vehículos… todo unha serie de detalles que me fai pensar, se será o momento de darlle unha oportunidade a saga Terminator.
Video de Terminator Salvation
Martes, 14 de Abril de 2009