Fai uns días, Hideo Kojima mostrou na Game Developers Conference unha imaxe promocional do que parece ser, o seu próximo proxecto, o cal se presentará no E3.
Mentres, o bo de Hideo aproveitou a sua visita á cidade de San Francisco para visitar os locais que lle serviron de inspiración para crear a Raiden, e de paso, participou no último vídeo dos sempre xeniais Mega 64. Recordemos que no GDC de 2007, Miyamoto xa fizo un cameo con estos personaxes. Kojima, sempre un paso por detrás do seu admirado Miyamoto. Aínda que dende logo, hai que recoñecer que o creador de Zone of the Enders é bastante mellor actor e implícase moito máis.
Metal Gear Kojima
Martes, 14 de Abril de 2009