Imaxinación: capítulo 2

Por: Martes, 14 de Abril de 2009

…volvín abrir os ollos. Xa non había laboratorio, ahora estaba enriba dunha “atalaya”, e só duas palabras rondaban a miña cabeza: nove víctimas.
Non sabía quenes eran, nin como empezar a búsqueda, ata que unha man pousouse no meu hombreiro. O virarme, vín a unha muller, a cal con moita présa, entregoume un papel, e xa marchando mencionou que se chamaba Elika e que tiña que salvar a non sei que príncipe. Cando abrín o enrugado papel, atopeime cunhas coordenadas.
Dirixinme cara onde se me indicaba, o máis rápido que puiden, ata que me atopei diante dun Portal no que poñía con letras oxidadas, Yermo.
Sabía que dentro estaba o meu obxectivo, e entrei.
Pero todo cambiou. Dentro era un edificio moderno no cal me empezaron a chover tiros de todos os recunchos. E antes de que puidera facer algo, alguén colleume e púxome a salvo.
Era un tal Leon Kennedy, e despois de entregarme un par de armas, díxome que os que atacaban eran os Helghast, liderados, por Nathan Drake.
Mantivémonos a cuberto, eliminando soldados de ollos brillantes e avanzamos por tétricos corredores na procura de Nathan Drake, ata que un extraño personaxe de armadura verde parounos.
-Ese non é o teu obxectivo, dese encargome eu, o que tí buscas, está na habitación 213.
Nese momento, levantou a súa arma e incrustou unha bala no cráneo de Leon.
Quedei paralizado e só me sairon dúas palabras:
-Quén eres?
-Chámanme Xefe Maestro, aínda que o meu auténtico nome é Kilik, e este tipo non era de fiar. Ahora apresúrate se non queres sufrir a mesma sorte.
Comencei a correr polos escuros corredores, ata que comecei a escoitar unha melodía. O ir acercándome a orixe do son, comecei a recoñecer a canción:Satch Boogie.
Alí estaba, enfronte da habitación indicada, escoitando a canción e pensando, teño que entrar.
Dentro, había un home tocando unha especie de guitarra con cinco botóns de diferentes cores.Miroume. Nese mesmo intre, producíuse un brillante resplandor, e unha vez que se normalizou o local, o home tiña unha vestimenta de ninja, e en vez de guitarra, ahora era posuidor dunha espada.
-Chámome Ryu Hayabusa, e son o que buscas.
Collín as dúas pistolas e descarguei os dous cargadores na figura, pero todos os proxectiles rebotaron no aceiro da súa espada, que se movía con gran rapidez.
Correu cara mín, e sen ningún esforzo golpeoume e tiroume contra a parede. Tentei defenderme, pero un afilado coitelo atravesoume o brazo dereito. De novo estaba a punto de morrer. O ninja acercouse a mín levantou a espada… pero antes que puidera acabar a súa acción, unha bala silenciosa terminou coa súa vida.
Dun conducto de ventilación, saíu un home cunha gafas de tres monóculos verdes, dirixíuse a mín e díxome:
-Son Sam, eu era o que tiña que rematar con Ryu, pero necesitabamos a alguén que puidera despistalo. E fixéchelo ben. Acepta isto.
Entregoume dúas moedas de ouro, unha poñía logro e outra trofeo.

Abrín os ollos e volvía estar no laboratorio, pero algo cambiara. Na man esquerda tiña dúas moedas e o brazo dereito sangrábame…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario