Jesse Divinich, analista do organismo EEDAR, aclarou que o novo GTA para DS , non acadou as cotas comerciais que tiñan previstas, devido ao carácter adulto do propio xogo.

“Parece que a industria foi demasiado ambiciosa coas súas expectativas iniciais sobre cómo ía funcionar Chinatown Wars, basándose nas extraordinarias calificacións que recibíu da crítica”, declarou Divinich.

Divinich prefire a PSP, onde a saga GTA logrou obter resultados sensibelmente máis consistentes que na portábel de Nintendo.

Unha vez máis demóstrase de qué está composto o principal público de Nintendo, de rapaciños capaces a xogar a calquera bazofia interactiva que vén anunciado pola “todopoderosa” televisión.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario