Doom 4 podería aparecer no próximo E3

Por: Martes, 14 de Abril de 2009

Todd Hollenshead, de id Software comentou que a compañía ten novo material para mostrar( e satisfacer a nosa curiosidade) no próximo E3 deste ano, e aínda que non está confirmado completamente de que se trate da nova entrega de Doom, todo parece indicar que non teremos sorpresas, e efectivamente, tratarase da cuarta entrega desta saga de terror.

«Non é unha secuela de Doom 3», dixo Hollenshead a GameSpot, «pero tampouco é unha volta aos inicios. É un pouco diferente a todo iso, e se vos contara por qué, conseguiría unha patada no cu”.

Así de contundente foi Todd, asique non teremos máis remedio que esperar o próximo E3, para ver de que xogo se trata, e se en verdade é o Doom 4, agardaremos que novas características traerá para conseguir meternos o medo ( e sustos) no corpo , como xa nos teñen acostumados os creadores desta saga.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario