Bayoneta será lanzado en outono mundialmente

Por: Martes, 14 de Abril de 2009

Chégannos máis datos sobre este xogo dirixido polo creador de Devil May Cry, xa que Sega , anunciou en Tokio que Bayoneta será lanzado mundialmente e de forma simultánea en outono para as plataformas Xbox 360 e Playstation 3.

Sigo pensando que deberían pulir bastante o apartado gráfico, pero as loitas sen descanso, enemigos finais espectaculares e a frenética acción están asegurados.

A ver se vai ser certo o que dí Sega, e é certo que estamos ante a verdadeira evolución de Devil May Cry.

Pensandoo ben, creo que non. Creo que están usando o título de DMC, para darlle algo máis de publicidade a Bayoneta, pero esperaremos a ver en que remata toda esta parafernalia.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario