Un bebé controlando a Zamgief

Por: Luns, 13 de Abril de 2009

É doado atoparse con vídeos curiosos por internet, pero dende logo este levaríase o primeiro premio, xa que vemos a un rapaz , que pulsando os botóns do mando ao tolo, consegue gañar a Bison no Super Street Fihter 2 Turbo HD Remix usando a Zangief.Ademáis remata a xogada cun Double German Suplex sen apenas despeinarse( e sen apenas saber o que facía).
Outro vídeo máis, para unha aburrida tarde de luns.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario