Quick Time Events

Por: Luns, 13 de Abril de 2009

God-of-war-quicktime

 

Observando páxinas, foros, blogues, revistas e outros medios desmoralizadores, non é difícil atopar disputas sobre a introdución dos QTE (Quick Time Events) nos videoxogos, uns blasfemando contra este, cada vez máis popular recurso, e outros derreténdose en loubanzas cara esta técnica.
A pesar disto, o que ninguén pode negar, é que empregando os QTE, a espectacularidade do xogo aumenta considerábelmente, e con isto as súas espectativas.
Porque sexamos honestos, por moi realista que intenten facer un videoxogo, as accións do protagonista sempre van ser moi limitadas (saltar, disparar, correr, cubrirse…), polo que os combates acaban sendo moi similares entre si.
De feito para evitar esta suposta monotonía, establecéronse os QTE (ou iso quero pensar), así, simplemente con premer unha secuencia de botóns no momento oportuno, o protagonista pode facer movementos diferentes ( o máis puro estilo cinematográfico) en cada acción ou pelexa que teñamos. Claro que desta maneira a dificultade descende a velocidades de vertixe, xa que con frecuencia ( por non dicir na súa totalidade, as secuencias conséguense facer dunha forma moi doada), obtendo con isto un xogo moito máis accesíbel para os xogadores menos habituados, pero o mesmo tempo sacándolle enteiros para o xogador máis experto.
Creo que un gran exemplo do que se debe facer cos QTE é o God of War, no que se da cita unha perfecta mestura entre o recurso dos QTE e o manexo arcade de toda a vida, facéndonos debilitar o inimigo ( golpeándoo como se fose un xogo de acción normal e corrente) para poder usar o final, a tan mencionada técnica, e así rematalo dunha maneira espectacular. Desta forma nen se resinte a dificultade, nin temos pelexas tan reiteradas.
Como todo, se se emprega este recurso deberíase controlar un pouco, e non abusar, e se se decide implantálos nun videoxogo, facelo dunha forma lóxica, non coma no Resident Evil 4, que non podes ver unha escena de vídeo tranquilo por mor de que che apareza un destes Quick Time Event no momento que menos contas con el, e teñas que volver a comezar a fase pola morte innecesaria do protagonista.
De todos os xeitos, parece que esta técnica lle gustou moito ás compañías polo uso masivo nos actuais xogos, polo que case seguro temos Quick Time Events para o presente, para o futuro e para un seguinte futuro.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario