Despois de que os Locust invadisen a miña aldea, e eu fose o único supervivente (grazas á axuda de un extraño personaxe chamado Raiden) , decidín chamar ao maior exterminador de seres malignos , que según meu pai, ( o gran economista Niko Belick), facíase chamar Dante.
Collín o meu pequeno Kart e cargueino con tres champiñóns para chegar o antes posíbel ao meu destino, aínda que non sabía ben co que me atoparía…
Vín o edificio no que tiña que entrar, abrín a porta e ao avanzar por un pequeno corredor vín a unha nena ao final.Facíase chamar Alma, acerqueime e antes de poderlle decir algo, un raro ser cunha escafandra e unha broca en vez de man, atacoume con todas as súas forzas.
Nese momento e o contemplar a miña morte inminente, supliqueille axuda os deuses e atendendo as miñas súplicas, o deus da guerra Kratos, eliminou sen problema o extraño acosador, e dirixeuse a mín:
– Eres a última persoa que lle voto unha man, ata os propios deuses temos o noso fin. Estou infectado por un virus chamado Quimera. Ti eres o elixido, asique acepta isto.
E entregoume duas espadas atadas con cadeas.
Collinas e marchei pensativo na procura de Dante.
Seguín percorrendo o anómalo edificio ata que contemplei unha luz o final. Cando me acerquei puiden ver a batalla que se estaba librando. Non había habitación, era unha especie de coliseum onde Dante pelexaba a morte cunha araña xigante (supuxen que era un demo)
Quedei observando un anaco ata que todo se empezou a mover.Corrín para saír do edificio co tempo xusto, xa que tan pronto cheguei o exterior, todo se derrubou. Todo se movía, pero non era un tremor de terra, xa que a terrra que pisaba púxose a camiñar.Estaba enriba dun enorme ser, a maior criatura que xamais vira. Non sabía que facer.
Para o meu asombro, vin unha silueta que se acercaba a mín, era un lobo. Non me movín, ata que chegou xunto a mín, momento no que o tal lobo se transformou nunha especie de elfo con roupa verde e ollos azuis, o cal me dixo que seguise a luz, e marchou sen decir outra palabra.
Non o comprendín moi ben, pero púxenme a camiñar ata atopar unha marca luminosa na pel daquel monstruo, e sen saber moi ben polo qué, collín as espadas que me agasallara Kratos e incrusteinas no círculo azul.
Así, o enorme coloso empezouse a mover ata que se desplomou no auténtico chan, pero xusto nese momento…….
-Tranquilo, chámaste Desmond Miles e estás no século XXI, aínda que pronto viaxarás á Terra Santa e terás nove obxectivos, nove homes, nove mortes…