Edición Coleccionista de Batman: Arkham Asylum

Por: Domingo, 12 de Abril de 2009

Os seguidores do cabaleiro escuro están de sorte, xa que se acaba de anunciar a edición coleccionista de Batman: Arkhan Asylum. Seguramente os máis frikazos deste superheroe xa estarán reservando este novo pack, e non é para menos, xa que o xogo pinta realmente ben. Esperemos que a explosión de diversión deste novo Batman aguante ata o final, e non se quede só nas primeiras horas.

O dito, que o pack inclúe:

– O xogo (de 360 ou PS3)
– O primeiro contido descargábel cun novo mapa
– Un diario de 48 páxinas a cor con notas sobre os internos de Arkham
– O indispensábel DVDs de extras
– O Batarang ( parece ser que se trata da arma que lanza Batman)

Todo isto presentado nun estuche metálico e custando ” soamente” 100€ (supoño que para os verdadeiros seguidores de Batman non son cartos nin é nada).

Pero agora toca a sorpresa final, esta edición coleccionista, aínda non está anunciada para que saia en territorio PAL, ¿pensabades que todo ía ser bo?

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario