Assasin`s Creed 2: novas imaxes

Por: Domingo, 12 de Abril de 2009

A calidade gráfica do primeiro era verdadeiramente asombrosa, pero chegaba a desquiciar o seu desenrolo tan repetitivo. Cos poucos datos que nos ofrecen desta segunda entrega, moitos xa están a castigala, porque é moi probábel que volva cometer o mesmo erro, o mesmo que eu cometerei volvendo xogar a esta segunda parte.

Polo menos, case seguro que estaremos ante un xogo moi bonito de ver.Iso nos mostran algunhas das imaxes que se fixeron públicas.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario