Media Create, a auditora xaponesa, facilitounos os datos de venta tanto de consolas como de videoxogos, no prazo entre o 30 de marzo ao 5 de abril.

O dominio das portábeis é total liderada polo nova DSi e seguida polo PSP.

Nesta semana, a consola de sobremesa máis vendida volve a ser a Play 3, superando á que parece que quedou estancada, Wii.Moi por detrás queda a Xbox 360, que parece que non ten o tirón que esperaba nes terras niponas.

A lista completa de hardware é esta:

DSi – 53.680

PSP – 48.118

PS3 – 20.362

Wii – 15.525

DS Lite – 8.729

Xbox 360 – 7.812

PS2 – 5.394

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario