Sega, acaba de facer público o tráiler da última toleada de Platinum Games, e a verdade, gustoume bastante o que vin, e máis despois de ver as regulares fotos que se publicaron deste xogo.
O xogo móstranos acción sen descanso (nótase que é o creador do primeiro Devil May Cry), ademáis os parecidos con este xogo son notábeis, dende os poderes da protaginista, movementos similares, e fai unha semana anunciaron que Bayoneta tería unha dificultade que rozaría ao sadismo (o mellor non será tanto como falan, pero vendo a dificultade que acadaba o primeiro DMC, non me sorprendería nada que fose certo).
O peor é que o apartado gráfico parece bastante frouxo, pero esperemos que non a fastidien neste punto, xa que podemos estar ante un dos xogos máis divertidos e espectaculares que están por chegar.
Vos mirade e sacade as vosas propias conclusións.
Novo tráiler de Bayoneta
Venres, 10 de Abril de 2009