Mirrors Edge

Por: Venres, 10 de Abril de 2009

Saltos imposíbeis de tellado en tellado, equilibrios en tuberías a centos de metros de altitude, fuxidas das balas dos inimigos dentro de edificios( que a máis de un recordará ao final da película Matrix), todo isto é o que nos propón este orixinal xogo creado por DICE.

A orixinalidade ben resaltada, grazas a que todas estas acción verémolas en primeira persoa, e aínda que ao principio pode chegar a marear un chisco, pronto vos acostumaredes a este punto de vista.

O argumento sumérxenos nunha cidade na que case todo está prohibido, e o único medio de información son os “runners”, persoas que transportan datos dun punto a outro a través dos tellados dos edificios. Nós encarnaremos a unha destas “runners” que ademáis de fuxir dos gardas, deberá investigar quen culpa á súa irmá de asasinato.

Para os combates podemos utlizar técnicas corpo a corpo e usar diferentes armas de fogo, aínda que se portamos algunha arma perderemos axilidade en saltos , agarres ,etc.

Pero non nos enganemos, a alma do xogo está en fuxir dos inimigos, non en eliminalos. É inexplicábel a sensación que transmite escapar dentro dun edificio cheo de gardas, polos lugares máis insospeitados como conductos de ventilación ou falsos teitos, e unha vez que chegas á cima do edificio, lonxe de atopar calma, tes que escapar dun mortífero helicóptero, que non deixe de dispararche mentres tí saltas de tellado en tellado, tentando buscar unha protección.

Nisto está a verdadeira diversión do xogo, en escapar.

Ademáis, todo isto ben resaltado por un preciosista apartado gráfico, no que as cores brandas veñen recalcadas, así atoparemos verdes, vermellos e amarelos moi intensos, acompañados por cores escuras moito máis suaves.

Os escenarios son bastante grandes e moi coidados, tendo sempre múltiples percorridos para chegar ao teu destino.

E agora ben o gran lastre deste xogo, a duración.

A dificultade de Mirrors Edge xa non é moi abusiva, pero se ademáis lle sumamos que o modo historia pásase en cinco ou seis horas, atopámonos cun dos xogos máis breves desta xeración, ademáis de non ter alicientes para volvelo xogar.

Así e todo a orixinalidade deste videoxogo, xunto ao seu sobresaliente apartado gráfico, fan de Mirrors Edge unha opción moi recomendábel.

Por outro lado, un xogo que dura cinco horas pódelo alquilar perfectamente e aforrarás cartos.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Mirrors Edge”

  1. […] se ten criticado o control de Mirrors Edge e o seguinte debuxo logra moi ben captar esta esencia (problemática para uns e afortunada para […]

Deixar un comentaio a Ezio vs Faith