Todo o mundo sabe xa que é a nova DSi, pero, ¿era necesaria esta nova versión?, a miña resposta é ben clara: NON.
Dende que a portábel de Nintendo saíu ao mercado alá polo 2004, xa sufríu tres cambios na propia estructura da consola, e ningún del tivo a suficiente repercusión na propia videoconsola , como para mellorar a súa calidade.
O cambio máis relevante desta nova modificación, é a inclusión dunha pequena cámara que che permite sacar fotos (non esperedes a calidade dunha cámara dixital) e incluso che detecta o movemento, como xa fai a cámara Eye Toy. As compañías aproveitaranse deste detalle, e sacarán en breve varios videoxogos que utilicen esta característica, pero ¿adaptarase ben á portábel?, se xa moitas veces resulta molesto ter que sacar o lápis, para facer algunha acción irrelevante no xogo(tómese como exemplo o GTA, que hai que andar co lápis cada dous por tres) como sentará andarse movendo diante da cámara…sí, aos rapaces máis pequenos pódelle gustar o detalle, e por pouco tempo. Sen ter en conta que a captura de movemento da cámara non é exacta, polo que aínda lle resta máis enteiros.
O resto das modificacións apenas se aprecian entre a Dsi e a Lite, un lixeiro aumento das pantallas, nova posición do botón de apagado, adelgazárona un pouquiño e algún que outro detalle irrelevante.
Pero aínda por enriba, eliminaron a ranura da GB Advance, polo que tamén eliminaron a posibilidade de xogar a estes cartuchos.
Asique xa vedes do que se trata, modifican a consola con detalles absurdos, coa intención de captar novas víctimas, en forma de usuarios sen obxectividade.
Pero ben é certo que a calidade dunha consola non a fai as súas características, senón os séus videoxogos, e nisto precisamente é no que deberían invertir as compañías.