(Vía: Asyconelalexis)
Tráiler oficial de “Mortal Kombat” para PS Vita
A saga de loita máis sanguinaria chega á nova portábel de Sony cun título que promete incrementar as súas novidades.
Estas novidades veñen favorecidas polas propias características da máquina como a pantalla táctil ou a cámara que nos permitirá loitar cos personaxes en escenarios reais.
Ademáis polo que podemos observar no vídeo o apartado técnico está a un nivel moi alto presumindo de pantalla.
Polo de agora todo perfecto, pero moito me temo que teremos que probalo para desenmascar os verdadeiros “peros” do título, pero como dixen, polo de agora todo perfecto.
(Vía: Electricdischarge)
Violento tráiler de «The Darkness 2»
1- Decapitación de cabezas
2- Partir a unha persoa en dúas
3- Atravesar corpos
4- Cránios ao espeto
5- Sangue sen escatimar en gastos
6- Mais non vín ningunha invocación
Xa vedes, moito máis violento que a primeira excelente parte, mais non sei eu se estará á altura, e como xa dixen, as invocacións?, e o apartado técnico evolucionou tanto con respecto ao anterior?
A ver en que remata isto, pero quero ter fe nesta saga.
O E3 xa está ás portas e para comezar a facernos ilusións (esperemos que non defraude tanto como o ano pasado), podemos ver o primeiro teaser de Ninja Gaiden III.
Cal é o factor representativo de Ninja Gaiden?, pois o sangue, e pódovos asegurar que neste vídeo resalta con todo o seu esplendor.
Está claro que volveremos con Ryu máis duros que nunca, ou será simplemente márketing pasaxeiro?

